luns, 30 de setembro de 2024

Colleita na horta!

Iniciamos un novo curso recollendo como cada mes de setembro os froitos que medraron na horta.

Un grupo de nenos e nenas de 1ºB foi o encargado de levar a cabo esta tarefa. Despois, entregaron todo na cociña do comedor para poder aproveitalo.  🍅🍆