Este ano polo Nadal decidimos crear un Belén de artesáns tradicionais feito con material reutilizado.
Para recordar estes oficios, algúns deles hoxe desaparecidos, o alumnado creou figuras variadas: Tecelás, cociñeiros/as, pescadores, ferreiros/as, zoqueiros/as, panadeiros/as, apicultores... Ademáis de, por suposto, o pesebre, os Reis Magos e moitos animaliños.
Entre outras cousas empregamos: Botes de iogur bebible, botellas de auga, cartón, bricks de leite, papel de burbullas, etc.
Froito deste esforzo, cabe salientar que acadamos o 1º premio do Concurso de Beléns dirixido aos centros educativos do Concello de Monforte.
NORABOA!!!!!!!!!!!! 😁😁😁😁