Achégase o remate do curso e no cole seguimos reciclando.
Cada semana, e a pesar de que o noso obxectivo é xerar cada vez menos residuos, baleiramos cubos cheos de papel e cartón que van directos ao contedor azul.
Ben feito!
Achégase o remate do curso e no cole seguimos reciclando.
Cada semana, e a pesar de que o noso obxectivo é xerar cada vez menos residuos, baleiramos cubos cheos de papel e cartón que van directos ao contedor azul.
Ben feito!
Continuamos plantando na horta.
Desta volta, alumnos e alumnas de 5ºA foron os encargados de levar a cabo esta tarefa para seguir así aumentando os nosos cultivos.
Amorodos, pirixel e leitugas foron os protagonistas nesta ocasión.
Desde hai uns días no patio de infantil dispoñemos dunha mesa de cultivo.
Deste xeito, os máis peques do cole tamén poden plantar e ver medrar amorodos, pirixel ou leitugas con máis facilidade e sen saír da súa zona.
O 27 de abril celebrouse o Día Internacional da Concienciación sobre o Ruido.
Nesta data, o alumnado de 4º levou a cabo unha serie de actividades para darse conta das consecuencias que o ruido ten na saúde.
Primeiro, visualizaron un video sobre a contaminación acústica. Logo, elaboraron cartaces para pedir menos ruído e, finalmente, debuxaron nun folio dúas paisaxes: Unha con contaminación acústica e outra sen ela, coloreando a primeira de vermello e a segunda de verde co fin de salientar cal era saudable e cal non.
Coa chegada do bo tempo, aproveitamos para poñer bonitos os espazos verdes do cole.
Neste caso, para facelo, contamos coa axuda dun grupo de alumnos e alumnas de 6º os cales plantaron flores nas xardineiras do patio.
Iniciamos a tempada de primavera-verán na horta plantando tomates, pementos, leitugas, cebolas e repolos.
Deste xeito, o noso espazo de cultivo empeza a coller forma grazas a algunhas alumnas de 6º que se puxeron máns á obra con moito empeño.