martes, 25 de abril de 2023

Eco-reto abril: Concienciamos

Á recollida de lixo pola beira do río Cabe, Xunto a Ezequiel, Clarisa e outros alumnos e alumnas do cole, uniuse tamén Antón de 5ºA.

Unha fantástica iniciativa dun grupo de veciños que decidiu manter limpa a súa contorna! 🚮🚯


           






Eco-reto abril: Concienciamos

Clarisa e Ezequiel Estévez, de 5° de Primaria e 5º de Infantil respectivamente, formaron parte dun grupo de voluntarios de Monforte para limpar o río.

Unha mañá de traballo moi proveitosa na que aprenderon unhas cantas leccións fóra das aulas.

👏👏👏👏👏👏








xoves, 13 de abril de 2023

Eco-reto marzo: Plantamos!

Seguimos recibindo máis traballo de horta. Desta volta, Lucas Parga de 5ºEI, amósanos a súa maña plantando cebolas e tomates.

Ben feito!  🍅🍅🌱🌱🌱







mércores, 12 de abril de 2023

Eco-reto abril: Concienciamos

Estreamos eco-reto con Gabriel Estévez de 6°EI.
Para concienciar sobre a necesidade de manter limpa a contorna, saiu a pasear xunto coa súa familia provisto de luvas e bolsa e recolleu un montón de latas que logo depositou no contedor amarelo.



Eco-reto abril: Concienciamos

 


sábado, 1 de abril de 2023

Eco-reto marzo: Plantamos!

Clarisa e Ezequiel Estévez, de 5ºA e 5ºEI, decidiron plantar unha cerdeira co seu pai.
Fixérono seguindo todos os pasos necesarios para así dentro de 3 ou 4 anos poder disfrutar desta deliciosa froita.