O blog do Ecolexio de Monforte está formado polas seguintes seccións:
Días conmemorativos: Onde publicaremos os traballos sobre os días sinalados que actualizaremos ao longo do curso.
Trucos e consellos: Neste apartado subiremos ideas, experimentos, etc. sobre horta, plantas...
A nosa horta: Nesta sección veredes publicados todos os avances que fagamos respecto á horta do cole.
Ecopatrullas: Temos que facernos oír! Este espazo adicarémolo a denunciar e alarmar sobre todo aquelo que vaia en contra do medioambiente. É cousa de todos, polo que non dubidedes en facernos chegar fotografías onde se vexan situacións que nos enfaden e nos avergoñen. Lixo na rúa, no río, no monte..., máscaras no chan, Pintadas en paredes e moito máis! O e-mail de contacto é o seguinte: ceipmonforte13@gmail.com
Arte reciclada: Espazo adicado a ensinarvos traballos feitos con material reciclado ou reutilizado: Decoracións, manualidades... Non dubidedes en compartir as vosas obras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario