martes, 28 de febreiro de 2023

Eco-reto marzo: Plantamos!

 


Eco-reto febreiro: Aforramos enerxía

Rematamos o eco-reto de febreiro con esta tradicional forma de quentarse e cociñar que nos amosan Clarisa e Ezequiel Estévez, de 5ºA e 5ºEI respectivamente.

Clarisa e Ezequiel este inverno están a recoller leña e, coa axuda do seu pai, prenden a cociña.

Ó final do día, toda a familia se achega ó carón dela para entrar en calor e conversar...

Deste xeito, aforran en combustibles fósiles e empregan combustibles renovables.








xoves, 23 de febreiro de 2023

Eco-reto febreiro: Aforramos enerxía

 Continuamos o eco-reto de febreiro cun novo video de ideas para aforrar enerxía feito por Irene de 6ºA.

Tomade boa nota de todas estas interesantes achegas para axudar ao planeta e tamén ao peto! 





luns, 13 de febreiro de 2023

Eco-reto febreiro: Aforramos enerxía

 Compartimos hoxe as propostas de Julia de 6ºA.

Seguimos achegando ideas para aforrar enerxía nunha época cun consumo especialmente elevado de luz e calefacción. ⚡🔌




xoves, 9 de febreiro de 2023

Eco-reto febreiro: Aforramos enerxía

 Estreamos o eco-reto deste mes cunha clásica proposta para aforrar auga que nos recorda neste caso Sergio de 6ºA