Tortiñas de cabaza, por Antón Fernando López Besteiro de 4º de EI.
Preparación:
1. Imos a xunto das nosas amigas pitas e pedímoslles un ovo.
2. Collemos unha cabaza da horta . Asámola ou cocémola ata que quede con textura de puré, reservamos 80 g.
3. A maiores imos precisar: 220 ml de leite, 30 g de manteiga derretida, 20 g de panela, 150 g de fariña, medio sobre de formento e un pouquiño sal.
4. Mesturamos o ovo, o leite, a manteiga, a panela e o puré de cabaza. Isto engadímolo á fariña, ao formento e ao sal e batemos despaciño.
5. Botamos na tixola un cazo da mestura e facémola 2-3 minutos por cada lado.
6. Adornamos co que máis nos guste, nós usamos mel da casa e arandos!
Que aproveite!! 😋
mércores, 28 de outubro de 2026
luns, 26 de outubro de 2026
Eco-reto outubro: Receitas saudables
Piruletas de castaña bañadas en chocolate, de Emilio Aira de 6º de EI.
- Ingredientes:
Chocolate para fundir
Espetos de madeira
- Preparación:
- Asamos as castañas e quitámoslle a casca.
- Inserimos cada castaña no seu espeto.
- Fundimos o chocolate ao baño maría.
- Bañamos as castañas no chocolate.
- Colocamos e deixamos que seque o chocolate. (ou non, Emilio non esperou jaja)
luns, 19 de outubro de 2026
Eco-reto outubro: Receitas saudables
Velaquí a receita de Álex Valdés González, de cuarto de EI.
Unha deliciosa cheesecake de mazá feita integramente con produtos da súa horta.
Outra demostración de que comer rico e saudable é posible. 🍰🧀😋
Unha deliciosa cheesecake de mazá feita integramente con produtos da súa horta.
Outra demostración de que comer rico e saudable é posible. 🍰🧀😋
domingo, 18 de outubro de 2026
Proxecto 26-27: "O ECOpatio de Monforte"
Para este curso 26-27, e posiblemente para os vindeiros, desde o equipo de Voz Natura temos como proxecto principal o acondicionamento, dinamización e adaptación das distintas zonas do novo espazo do patio que reformou o centro coa axuda da AMPA e dunha financiación privada.
Durante o verán, e case a contrareloxo, o cole fixo unha ambiciosa reforma da entrada principal do patio para que o que era unha explanada de cemento tomase forma de parque. Para iso, creáronse zonas de céspede, plantáronse árbores e instaláronse casetas, pizarras e areneiros novos. Todo proxectado por unha arquitecta.
O acondicionamento atópase nunha fase inicial, xa que precisa de tempo para que tome a forma desexada.
O pasado venres decidimos inuguralo plantando aromáticas nun dos bancais coa axuda de Ramsés. O alumnado de 1º de primaria foi o elixido nesta ocasión.
Deste xeito plantamos tomillo, romeu e lavanda, ás que se engadirán outras novas variedades na próxima primavera. 🌲🌳🌱

xoves, 8 de outubro de 2026
Eco-reto outubro: Receitas saudables
Ampliamos o receitario con estes Muffins de mazá e avea feitos por Adrián e Alba Díaz, de 5ºA e 2ºB respectivamente.
Para facelos empregaron mazás e ovos da casa dos seus avós! 🍎🍏🥚😋
Para facelos empregaron mazás e ovos da casa dos seus avós! 🍎🍏🥚😋
martes, 6 de outubro de 2026
Eco-reto outubro: Receitas saudables
Compartimos hoxe a receita de Mía Bouso Rodríguez de 4º de EI
Galletas de cabaza e canela
Ingredientes: (unhas 20 galletas): 200g de puré de cabaza cocida, 100g de manteiga lixeira, 100g de azucre, (pódese omitir se a cabaza está doce) 1 ovo, 300g de fariña de avea integral, 1 culleradiña de canela, 1 culleradiña de lévedo e un chisco de sal.

domingo, 4 de outubro de 2026
Eco-reto outubro: Receitas saudables
Hoxe, Ían Castro de 4º de EI xuntouse coa súa familia para facer unhas magdalenas de cenoria.
Para que a receita fora máis saudable engadiron mel da casa, cenorias da horta e ovos das súas pitas.
Quedaron boísimas. 😋🍯
Para que a receita fora máis saudable engadiron mel da casa, cenorias da horta e ovos das súas pitas.
Quedaron boísimas. 😋🍯
Eco-reto outubro: Receitas saudables
Estreamos eco-reto e novo curso escolar coa xa tradicional proposta de receitas saudables para o mes de outubro.
Gabriel Estévez de 4ºB, elaborou un postre de mazá e masa follada. 🍎🍏😋
Elaboración:
Gabriel Estévez de 4ºB, elaborou un postre de mazá e masa follada. 🍎🍏😋
Elaboración:
- Cortar a mazá en rebandas e retirar a parte central.
- Esparexer canela sobre a mazá.
- Cortar en láminas unha tira de masa follada.
- Envolver cada rebanda de mazá coas tiras de masa follada.
- Fornear 15 minutos a 180 graos por cada lado.
- Decorar cuns fíos de doce de leite.
sábado, 3 de outubro de 2026
domingo, 31 de maio de 2026
Plantamos a horta de verán!
O pasado xoves, contamos coa axuda de Ramses para poñer a horta de verán enchendo os espazos de cultivo de diferentes plantas.
Deste xeito , o alumnado de 1ºde EP e de Infantil plantou tomates, berenxenas, pementos, cabaciñas, leitugas e espinacas. 🍅🍆🌱
Deste xeito , o alumnado de 1ºde EP e de Infantil plantou tomates, berenxenas, pementos, cabaciñas, leitugas e espinacas. 🍅🍆🌱
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.png)