martes, 23 de abril de 2024

Eco-reto abril: Concienciamos

Para estrear o eco-reto do mes, Ángel Quintana de 5ºB de EP aproveitou unha garrafa de auga baleira para crear un divertido xogo.

Bo traballo! ♻






luns, 22 de abril de 2024

Colocamos os hoteis de insectos

O pasado martes colocamos en distintas zonas do cole os hoteis de insectos feitos polo alumnado de 4º a 6º de EP.

Os nenos e nenas maiores encargáronse de explicarlle aos máis pequenos algunhas das funcións que teñen estas estruturas, tales como servir de refuxio se vai moita calor, axurdarnos a polinizar a horta ou favorecer a presenza de insectos beneficiosos para loitar contra pragas.








mércores, 3 de abril de 2024

Día da árbore: Saída ao viveiro de Bóveda "Os Trollos" (Proxecto 23-24)

O pasado 22 de marzo, con motivo do Día da Árbore e como parte do proxecto deste ano, o alumnado de 4º a 6º de EP levou a cabo unha saída ao viveiro "Os Trollos" de Bóveda.

Alí pasaron unha estupenda xornada onde aprenderon moitas cousas interesantes para coñecer e coidar a flora e fauna autóctonas, tales como elaborar sementeiros, facer hoteis para insectos, plantar árbores, etc.

Un fantástico día no que ademáis ata acompañou o bo tempo! 🌱🌳🌞