luns, 22 de abril de 2024

Colocamos os hoteis de insectos

O pasado martes colocamos en distintas zonas do cole os hoteis de insectos feitos polo alumnado de 4º a 6º de EP.

Os nenos e nenas maiores encargáronse de explicarlle aos máis pequenos algunhas das funcións que teñen estas estruturas, tales como servir de refuxio se vai moita calor, axurdarnos a polinizar a horta ou favorecer a presenza de insectos beneficiosos para loitar contra pragas.








Ningún comentario:

Publicar un comentario