martes, 21 de setembro de 2021

Preparamos a horta de outono!

 Co outono á volta da esquina, chegou a hora de arrincar algúns dos cultivos de verán para dar paso a outros novos.

Primeiro, o alumnado de 4ºA preparou a terra: Arrincaron herbas, labraron, abonaron, etc.

 Por outra banda, algúns dos rapaces e rapazas de 2ºA puxeron repolos para dar así comezo á nova tempada na horta.









Horta de verán e colleita

 Ao longo do verán, os nosos cultivos foron medrando ata cubrir toda a horta: Cabaciñas, cabazas, tomates, pementos, xirasois, millo...

Co novo curso, os nenos e nenas puideron ver e colleitar algúns dos froitos xa maduros e grandes, mentres agardan por outros aos que aínda lles falta un pouquiño.

Bo traballo!