mércores, 21 de setembro de 2022

Limpamos a horta

 Depois da colleita tocou limpar o espazo de cultivo para empezar a preparar a horta de outono-inverno.

 Desta laboriosa tarefa deron boa conta algúns alumnos e alumnas de 6ºA, os cales arrincaron herbas así como os xa deteriorados cultivos do verán. Para facelo axudáronse de luvas e ferramentas. 












Colleita de verán!

 Abrimos un novo curso coa horta como protagonista.

O alumnado de 3ºB encargouse de facer a colleita dos froitos que medraron ao longo do verán: Tomates, berenxenas, cabaciñas, cebolas, pementos e incluso algún amorodo. 

Coa finalidade de aproveitalo, todo o recollido foi doado ao comedor do cole para que na cociña elaboren ricos pratos.

😋😋😋😋😋