O ECOlexio de Monforte
Espazo verde do CEIP de Monforte dentro do programa de Voz Natura
martes, 31 de xaneiro de 2023
luns, 9 de xaneiro de 2023
martes, 13 de decembro de 2022
Eco-reto decembro: Reutilizamos
Brais Rodríguez de 4ºInfantil presenta o seu eco-gnomo de Nadal feito a partir de refugallo.
Para facelo pintou de branco unha botella de xarope. Cun envase de leite e papel sobrante dun agasallo fixo un sombreiro vermello. Despois empregou un rotulador negro e máis papel para poñer o nariz, os ollos, os beizos e ata unha bufanda.

Finalmente decorouno con adhesivos para asemellar aspecto de Nadal e aquí tedes o froito.
Eco-reto decembro: Reutilizamos
Para continuar engadindo máis elementos ao Belén do ferrocarril, Martín Gómez Losada de 2º A, fixo un tren de envíos extraordinarios dos seus debuxos preferidos (Blue's clues).
Para facelo empregou cartón e un tubo de patacas pringles. As rodas foron feitas co envase dos ovos sorpresa grandes.
Para decoralo Martín utilizou pintura en spray azul, buscou imaxes das personaxes no ordenador, imprimiunas e despois pegou goma eva nas fiestras, no teito e nas rodas. Completou a parte traseira pegando unhas estrelas vermellas.

O reno foi feito cun tubo de cartón de papel hixiénico que pintou de marrón onde pegou uns ollos, un pompón vermello para o nariz e un limpapipas para a cornamenta.
O polo fíxoo cun vaso ao que lle recortou un trozo de cartolina branca para as ás, colocou algodón na parte traseira e os pés e usou feltro amarelo para o bico e o papo. Para a cresta usou goma eva vermella.
Como vedes quedou encantado co resultado... E nós tamén!!

mércores, 7 de decembro de 2022
Eco-reto decembro: Reutilizamos
O Belén do ferrocarril segue collendo forma tamén con decoracións naturais, como este orixinal estanque de patos feito por Noa Daga de 2ºA.
Elaborouno cun cartón de leite, tapóns, sal e follas de eucalipto.
Elaborouno cun cartón de leite, tapóns, sal e follas de eucalipto.
Eco-reto decembro: Reutilizamos
Velaquí temos outro vagón de tren para o noso Belén do ferrocarril feito por Gabriel Vázquez Vázquez, de 5º de EI.
Fíxoo a partir dun cartón de leite, catro tapóns para as rodas e dúas bolsiñas duns agasallos que foron empregadas para forrar o vagón.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)