Primeiro, coñeceron máis información sobre o mundo dos fungos e, despois, saíron a recoller algunhas mostras de setas, herbas e follas pola contorna de Monforte que catalogaron mediante unha interesante exposición que loce na biblioteca do centro. 🍂🍄🌿
mércores, 29 de novembro de 2023
Actividade micolóxica
O outro día, ao igual que xa fixera o ano pasado o alumnado de 6º, os nenos e nenas de 5º participaron nunha actividade micolóxica coa asociación 'Os Lactouros'.
Primeiro, coñeceron máis información sobre o mundo dos fungos e, despois, saíron a recoller algunhas mostras de setas, herbas e follas pola contorna de Monforte que catalogaron mediante unha interesante exposición que loce na biblioteca do centro. 🍂🍄🌿
Primeiro, coñeceron máis información sobre o mundo dos fungos e, despois, saíron a recoller algunhas mostras de setas, herbas e follas pola contorna de Monforte que catalogaron mediante unha interesante exposición que loce na biblioteca do centro. 🍂🍄🌿
Eco-reto novembro: Investigamos
Rematamos o eco-reto de novembro cos "pequenos veciños" de Brais Rodríguez, de 5º EI.
Os caracois son moluscos terrestres que abondan nesta época do ano debido ás choivas. A maior humidade do outono permítelles desprazarse con máis rapidez para alimentarse. 🐌🐌🐌

venres, 17 de novembro de 2023
Eco-reto novembro: Investigamos
Avanza novembro e o noso alumnado non para de descubrir cousas novas. Velaquí temos hoxe a Lara Aira de 5º EI recollendo algunhas setas.
Nesta ocasión os fungos atopados son níscalos e cerrotas, ámbalas dúas variedades comestibles. 🍄🍄🍄

xoves, 16 de novembro de 2023
Eco-reto novembro: Investigamos
O outro día, Lucas e Artai Parga de 4° e 6º de EI, atoparon uns cogomelos a carón da horta.
Alí teñen plantadas berzas, grelos e repolos. 🍄🍄🍄
Alí teñen plantadas berzas, grelos e repolos. 🍄🍄🍄
Eco-reto novembro: Investigamos
Nesta época do ano non poden faltar as castañas e por eso, Alejandro Ojeda de 5° B de EI, aproveitou a ocasión para apañar unha chea delas.
Ademáis, aprendeu que este froito está protexido por un ourizo que compre retirar con coidado para non pincharse! 🍁🍂

luns, 13 de novembro de 2023
Eco-reto novembro: Investigamos
Hoxe, Valeria Fontaíña de 4º EI comparte con nós os animais que viven na casa dos seus avós.
A vaca, o can e o gato son os seus favoritos! 🐄🐶🐈

martes, 7 de novembro de 2023
Eco-reto novembro: Investigamos
Avanza o mes e non paramos de aprender cousas novas. Hoxe, Alejandra e Vega de 5ºEI A, comparten con nós os marmelos que colleitaron do marmeleiro que hai na horta da súa avoa Rosa.
Agora tócalles elaborar un rico doce caseiro! 😋

luns, 6 de novembro de 2023
Eco-reto novembro: Investigamos
Seguimos investigando a contorna cos descubrimentos de Sofía Pumar de 1ºB.
Ás veces chega con botar unha ollada ao que temos preto para atopar un montón de cousas interesantes! 🌲🐔🍄
Ás veces chega con botar unha ollada ao que temos preto para atopar un montón de cousas interesantes! 🌲🐔🍄
Eco-reto novembro: Investigamos
Comezamos o eco-reto de novembro con Liam Páez de 5º EI B
Aquí o vemos coñecendo a procedencia dalgúns froitos como o kiwi ou a mazá.

xoves, 2 de novembro de 2023
Proxecto 23-24: Natuforte
Como cada ano, ademáis de levar a cabo outas moitas actividades, trataremos durante o curso escolar de poñer o foco nun Proxecto Medioambiental.
Nesta ocasión faremos fincapé na importancia de coñecer e protexer a flora e fauna autóctonas, cunha serie de accións que involucren dentro do posible a toda a nosa comunidade educativa: Alumnado, profesorado, familias, institucións, etc.
Algunhas das propostas son as seguintes:
- Crear un plantario e un animalario coa axuda das familias.
- Aproveitar o eco-reto de novembro para investigar e coñecer a contorna.
- Repoboar con árbores autóctonas algunha área forestal de Monforte.
- Facer saídas e charlas para coñecer a diversidade de especies da nosa zona.
- Introducir algunha variedade de cultivo local na nosa horta.
Nesta ocasión faremos fincapé na importancia de coñecer e protexer a flora e fauna autóctonas, cunha serie de accións que involucren dentro do posible a toda a nosa comunidade educativa: Alumnado, profesorado, familias, institucións, etc.
Algunhas das propostas son as seguintes:
- Crear un plantario e un animalario coa axuda das familias.
- Aproveitar o eco-reto de novembro para investigar e coñecer a contorna.
- Repoboar con árbores autóctonas algunha área forestal de Monforte.
- Facer saídas e charlas para coñecer a diversidade de especies da nosa zona.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)