martes, 27 de abril de 2021

Plantamos framboesas

 O alumnado de 4ºB plantou framboesas. Unha das froitas que previamente traballaron na clase e da que aprenderon moito.

Primeiro cavamos unha zanxa que abonamos un pouco e despois fomos espichando algunhas ramiñas cortadas deste tipo de planta silvestre. Finalmente, regamos.

Ogallá prendan e teñamos unha boa colleita!











xoves, 22 de abril de 2021

Cultivamos e colleitamos Cogomelos!

 Antes de Semana Santa, Os alumnos e alumnas de 4ºA prepararon unha alpaca de cogomelos.

A alpaca xa viña sementada coas esporas dos fungos, polo que só tivemos que cubrila con terra e regala.

A verdade é que non tiñamos moi claro o que ocorrería, pero ao volver das vacacións... Sorpresa! Os cogomelos xa medraran e puidemos comenzar a colleitalos.


           Cultivo




             Colleita











luns, 5 de abril de 2021

Preparamos a horta (e creamos chan)

 Esta Semana Santa comenzamos a preparar a horta.

Ademáis, decidimos empezar pouco a pouco a crear un novo espazo cultivable nunha zona máis soleada, onde ata agora só había herba.

Cavamos, limpamos, abonamos e incluso talamos unha pequena árbore que daba sombra para tratar de mellorar deste xeito o desenvolvemento dos cultivos.


1) Cambio da horta paso a paso: 


          


        



2) Creación do novo espazo de cultivo:


Esta zona, atópase ubicada na entrada principal do cole.