mércores, 30 de novembro de 2022

Eco-reto novembro: Investigamos

 O outro día, o alumnado de 6º acudiu no centro a unha interesante charla sobre fungos. 

Logo dunha saída polo monte coa asociación micolóxica monfortina "Os Lactouros" e de atopar un montón de setas, crearon unha interesante exposición con diferentes variedades tanto comestibles como velenosas. Ademáis, comproborán máis adiante a caída das súas esporas.







Eco-reto novembro: Investigamos

 Hoxe Julia, de 6ºA, preséntanos esta fermosa egua da hípica "Os Trancos" contándonos ademáis moitas cousas sobre ela.





Eco-reto novembro: Investigamos

Compartimos hoxe a achega de Antón de 5ºA, o cal estivo investigando un pouco sobre o gorrión. 

O gorrión está adaptado ao hábitat urbano, ata o punto de ser o paxaro máis frecuente e coñecido nas cidades.
 
É unha ave doméstica orixinaria de Europa,África e Asia.

O gorrión ten un amplo repertorio que emite de forma constante, cando está en celo ten un tipo especial de canto con sons de forma repetida.

A súa lonxitude é de 15cm e o seu peso oscila entre os 25 e os 35 gramos. 

Viven en pobos e cidades preto de parques e só en épocas de colleita abandoan os núcleos urbanos para dirixirse aos campos de cereais onde rebuscan no chan os restos de sementes.

É un paxaro omnívoro, come grans de trigo, sementes de xirasol, froitos secos, larvas e outros pequenos insectos.

Un gorrión pode durar en liberdade entre 3 e 4 anos e en catividade cos coidados axeitados pode durar 12 anos.

Para criar, un grupo de gorrións macho rodean a unha femia, mentres baixan as ás e elevan a cola para impresionala. Unha vez que ela elixe parella, aparéanse e comezan a construir o seu niño. Durante a primavera ten lugar a posta, que consta de 4 ou 5 ovos.




martes, 29 de novembro de 2022

Eco-reto novembro: Investigamos

 A piques de rematar o eco-reto deste mes, seguimos indagando un pouco máis sobre o acivro. Hoxe Joseph, de 5ºA, Ao igual que fixo a súa compañeira Clarisa o outro día, achéganos nova información sobre esta planta de nadal.

O acivro tolera moi ben as podas, o cal é outro motivo máis para empregalo como elemento decorativo creando bonitos cestos coas súas follas.

As súas bagas (boliñas vermellas), son a comida favorita dos paxaros, aínda que resultan velenosas para os mamíferos. 




luns, 28 de novembro de 2022

Eco-reto novembro: Investigamos

 Seguimos no tempo da chuvia e Ezequiel, de 5º de EI, atopou esta curiosa seta diante da súa casa.

Leucopaxillus lepistoides, trátase dun fungo que presenta un sombreiro que pode acadar os 35cm de diámetro. 

O pé é curto, groso, rechoncho na base e de cor branca.

Esta especie é pouco común pero abundante onde medra, normalmente en prados.

Ademáis, é comestible e cada vez ten máis fama entre os amantes das setas.





Eco-reto novembro: Investigamos

 Achégase o Nadal e Clarisa, de 5ºA, investigou un  pouco sobre unha planta típica destas datas.

O acivro é un arbusto ou pequena árbore que pode chegar a medir vinte metros e vivir séculos.

Caracterízase polas súas boliñas vermellas, presentando dúas floracións ao ano.

Ao ser unha planta típica de Nadal por ser tan decorativa, atópase en perigo de extinción e é unha especie protexida.





xoves, 24 de novembro de 2022

Eco-reto novembro: Investigamos

 Nunha saída polo monte, Sofía Pumar, de 6º de EI, atopou estas marabillosas cerrotas. 

Ao parecer estaban boísimas! 😋😋😋





luns, 14 de novembro de 2022

Eco-reto novembro: Investigamos

 Este domingo, André Rodríguez de 2ºB, atopou varias cousas interesantes paseando pola aldea: Castañas, setas e cepas con follas de cores especiais. 

O outono é unha época preciosa para explorar a contorna! 🍂🍁🍄






Eco-reto novembro: Investigamos

 Gabriel Estévez, de 6º de EI, amósanos esta peculiar araña que atopou o outro día.

O exemplar é moi bonito, pero ollo que ten veleno!





xoves, 10 de novembro de 2022

Eco-reto novembro: Investigamos

O outro día paseando polo monte, Sara Nieves de 5ºB, topouse con esta curiosa "casiña" que a ben seguro se corresponde con algún animal. 

Nós cremos que pode ser o fogar dunha familia de xabaríns. ¿Vós que pensades?





mércores, 9 de novembro de 2022