martes, 13 de decembro de 2022

Eco-reto decembro: Reutilizamos

Velaquí a orixinal proposta de Julia González de 6ºA.





Eco-reto decembro: Reutilizamos

Brais Rodríguez de 4ºInfantil presenta o seu eco-gnomo de Nadal feito a partir de refugallo.

Para facelo pintou de branco unha botella de xarope. Cun envase de leite e papel sobrante dun agasallo fixo un sombreiro vermello. Despois empregou un rotulador negro e máis papel para poñer o nariz, os ollos, os beizos e ata unha bufanda. 

Finalmente decorouno con adhesivos para asemellar aspecto de Nadal e aquí tedes o froito.



Eco-reto decembro: Reutilizamos

Para continuar engadindo máis elementos ao Belén do ferrocarril, Martín Gómez Losada de 2º A, fixo un tren de envíos extraordinarios dos seus debuxos preferidos (Blue's clues).

Para facelo empregou cartón e un tubo de patacas pringles. As rodas foron feitas co envase dos ovos sorpresa grandes.

Para decoralo Martín utilizou pintura en spray azul, buscou imaxes das personaxes no ordenador, imprimiunas e despois pegou goma eva nas fiestras, no teito e nas rodas. Completou a parte traseira pegando unhas estrelas vermellas. 

O reno foi feito cun tubo de cartón de papel hixiénico que pintou de marrón onde pegou uns ollos, un pompón vermello para o nariz e un limpapipas para a cornamenta.

O polo fíxoo cun vaso ao que lle recortou un trozo de cartolina branca para as ás, colocou algodón na parte traseira e os pés e usou feltro amarelo para o bico e o papo. Para a cresta usou goma eva vermella.

Como vedes quedou encantado co resultado... E nós tamén!!




mércores, 7 de decembro de 2022

Eco-reto decembro: Reutilizamos

O Belén do ferrocarril segue collendo forma tamén con decoracións naturais, como este orixinal estanque de patos feito por Noa Daga de 2ºA.

Elaborouno cun cartón de leite, tapóns, sal e follas de eucalipto.



Eco-reto decembro: Reutilizamos

Velaquí temos outro vagón de tren para o noso Belén do ferrocarril feito por Gabriel Vázquez Vázquez, de 5º de EI.

Fíxoo a partir dun cartón de leite, catro tapóns para as rodas e dúas bolsiñas duns agasallos que foron empregadas para forrar o vagón.




Eco-reto decembro: Reutilizamos

Continuamos reutilizando  materiais  para crear decoracións de Nadal tan chamativas como este sombreiro de Sara Nieves, 5ºB.

Para facelo empregou: Un paquete de cereais, un bote, cartolina e algo de feltro.



luns, 5 de decembro de 2022

Eco-reto decembro: Reutilizamos

Compartimos agora a creación de Gabriel, de 6º de EI

Un orixinal centro de mesa onde aproveitou distintos materiais que tiña pola casa e outros que atopou no monte.








Eco-reto decembro: Reutilizamos

Para continuar coa temática do Belén do ferrocarril, Uxía Dacosta de 5ºA fixo un apeadeiro usando caixas de galletas pintadas e cartolinas.

Un traballo moi creativo onde empregou materiais reutilizados!



Eco-reto decembro: Reutilizamos

 Estreamos o eco-reto de decembro con este bonito tren elaborado por Estela Dacosta, de 1ºA.

Para facelo, utilizou para a locomotora unha caixa de ovos, un tubo de papel hixiénico e un brik de leite. Para os vagóns empregou briks de leite abertos, forrados con papeis de regalo usados e tapóns para todas as rodas.

*Para este nadal o centro decidiu crear un Belén con temática do ferrocarril, tan característica e asociada á historia de Monforte. Deste xeito, moitas das creacións deste ano estarán relacionadas con este medio de transporte.