Para facelo empregou cartón e un tubo de patacas pringles. As rodas foron feitas co envase dos ovos sorpresa grandes.
Para decoralo Martín utilizou pintura en spray azul, buscou imaxes das personaxes no ordenador, imprimiunas e despois pegou goma eva nas fiestras, no teito e nas rodas. Completou a parte traseira pegando unhas estrelas vermellas.
O reno foi feito cun tubo de cartón de papel hixiénico que pintou de marrón onde pegou uns ollos, un pompón vermello para o nariz e un limpapipas para a cornamenta.
O polo fíxoo cun vaso ao que lle recortou un trozo de cartolina branca para as ás, colocou algodón na parte traseira e os pés e usou feltro amarelo para o bico e o papo. Para a cresta usou goma eva vermella.
Como vedes quedou encantado co resultado... E nós tamén!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario