domingo, 23 de maio de 2021

Día Internacional de Acción polos Ríos

 O 14 de Marzo celebrouse o Día Internacional de Acción polos Ríos, e o alumnado de 5º conmemorou esta data traballando e investigando sobre os ríos galegos.

Entre outras cousas, indagaron sobre as especies invasoras que afectan á nosa fauna, buscaron información acerca das presas máis importantes de Galicia e do mundo e elaboraron un mapa fluvial de Galicia!










sábado, 22 de maio de 2021

Día Internacional da Reciclaxe

 O 17 de maio, ademáis das Letras Galegas, celébrase o Día Internacional da Reciclaxe.

Para conmemorar esta data, os nenos e nenas de 4º elaboraron o seu propio papel a partir de restos de xornais!

Unha actividade moi orixinal e dinámica na que aprenderon moito. 

Ollade o seguinte "genially" para ver como o fixeron e para coñecer un pouco máis acerca da reciclaxe.


mércores, 19 de maio de 2021

Sementamos e plantamos cabazas

 En 6ºA sementaron cabazas e o pasado venres plantámolas na horta.

A planta da cabaza esténdese polo chan, polo que tivemos que deixar unha boa separación entre elas para que teñan espazo abondo e poidan medrar.




  

        






Sementamos e plantamos cabaciñas

En 1ºB sementamos e plantamos cabaciñas. Unha das hortalizas que os nenos e nenas deste curso traballaron na clase. 















mércores, 12 de maio de 2021

Sementamos e plantamos pementeiras

 Os nenos e nenas de 6º de infantil plantaron pementeiras. Previamente, sementáronas na clase.

 Deste xeito, coñeceron as características desta planta, abonaron, regaron e disfrutaron dun ratiño na horta.











Sementamos e plantamos tomateiras

 O alumnado de 6ºB plantou tomateiras. Semanas antes, fixeron entre todos sementeiros na aula.

Primeiro preparamos o terreo, logo abonamos e finalmente plantamos seis tomateiras que agardamos que medren e den boa colleita!













martes, 11 de maio de 2021

Día Mundial da terra

O pasado 22 de abril, os nenos e nenas de 3º celebraron o Día Mundial da terra.

Primeiro, visualizaron un conto chamado: "Qué lle pasa ao planeta" de Eva Clemente.

Ao rematar, cada un fixo unha bonita flor para conmemorar esta importante data.


         3ºA










                 3ºB