Retomamos as labores na horta coa axuda do alumnado de 6ºB.
Deste xeito, equipados con ferramenta variada e luvas os nenos e nenas deste grupo plantaron tomates, pementos, berenxenas e cabaciñas.
Agardamos que todo medre moito para ter unha boa colleita á volta das vacacións! 🌱🌽🍅🍆
Estreamos novo eco-reto con Liam de 5º de EI e Allison de 6º EP.
Ao longo deste mes, fomentaremos a reciclaxe como unha actividade cotiá que contribúe a coidar do noso planeta. 🔄🔄🔄