domingo, 27 de outubro de 2024

Eco-reto outubro: Receitas saudables

A piques de rematar o mes, chéganos a receita que Lía de 5º EI elaborou coa axuda da súa familia. 

Uns ricos e saudables pasteis de cabaza moi apropiados para este tempo. 😋










xoves, 24 de outubro de 2024

Eco-reto outubro: Receitas saudables

Continuamos aumentando o noso receitario coas galletas de avea e mazá que fixeron Alejandra e Vega de 6⁰ de EI.

Ingredientes

1 taza de avea
1 mazá grande ou 3 pequenas raiadas
1/4 taza de noces picadas
2 culleradas de mel
1 ovo
1 pizca de sal
Opcional; unha pizca de canela e un chorriño de esencia de vainilla.

Elaboración

Mesturar todos os ingredientes ata que forme unha pasta consistente, prequentar o forno a 180 graos e fornear durante 15 ou 20 min. nunha bandexa previamente forrada con papel de forno.

Deixar enfriar... e a papar! 😋🍎🍏






luns, 14 de outubro de 2024

Eco-reto outubro: Receitas saudables

Compartimos desta volta a receita saudable aínda que un pouco golosa de Vega Rodríguez de 5º EI.
Unha palmeira de chocolate moito máis rica e sá que as que se mercan.


Para facela empregou un ovo, un pouco de leite, un chorriño de aceite, fariña de améndoas, fariña de castañas e unha cullerada de mel do Caurel para endulzar. Ao rematar cubriuna con chocolate.

A súa cara xa o di todo! 😋








domingo, 13 de outubro de 2024

Eco-reto outubro: Receitas saudables

Adrián de 3º EP e Alba de 6º de EI prepararon unha receita moi sinxela e tamén saudable.

Só hai que pelar e cortar un plátano ben maduro, metelo no conxelador e, unha vez conxelado, batilo ata que teña textura de xeado.
Pódese tomar tanto só como acompañado! 🍌




Eco-reto outubro: Receitas saudables

Compartimos hoxe a receita que Gabriel de 2°B levou a cabo en colaboración coa súa familia.

Velaquí o proceso de como elaborar estes deliciosos crocantes de sushi. 😋

mércores, 9 de outubro de 2024

Eco-reto outubro: Receitas saudables

Estreamos o primeiro eco-reto do curso coa receita que nos presentan Brais de 6º E.I. e Roi de 4º E.I

Gofres cabaza:
  • 2 ovos
  • 60ml leite
  • 150gr cabaza asada
  • 150gr fariña avena
  • 20ml aceite oliva
  • Esencia vainilla e canela
  • 1 culler crema cacahuete
  • Chocolate 85%

Elaboración:

Mesturar todo menos o chocolate.
Facer gofres na gofrera.
Decoralos co chocolate previamente derretido.


Saudables e deliciosos!!! 😋






Eco-reto outubro: Receitas saudables