martes, 20 de xuño de 2023

Patrullas verdes e medalleiro final

Ao longo de todo o curso, alumnado de distintos niveis encargouse por parellas de controlar a limpeza dos patios na hora do recreo.

Deste xeito tratamos de manter limpos aqueles espazos do cole onde por mor das merendas é común poder atopar bricks, botes, etc.

Para reflectir este traballo, e despois de facer un reconto diario, colocamos medallas de ouro, prata ou bronce a cada etapa dependendo do limpa ou sucia que estivese a súa zona ao remate de cada mes.

O resultado final non da lugar a dúbidas. Noraboa aos nenos e nenas de EI, xa que a pesar de que habitualmente merendan nas aulas, mantiveron a súa zona impecable. 👏👏👏




martes, 6 de xuño de 2023

Día Mundial do Medio Ambiente

O 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente.

Nesta importante data, na que Nacións Unidas trata de fomentar a sensibilización e promover accións para protexer o planeta, o alumnado desde EI a 3º de EP visitou a base de helicópteros do Marroxo co fin de concienciarse un pouco máis acerca da problemática que os lumes forestais supoñen nos nosos montes cada ano.

Unha vez alí os brigadistas ensináronlle as instalacións, o equipamento necesario para apagar os incendios ou os transportes aéreos que empregan. Tamén lle explicaron de que xeito se coordinan desde a base para optimizar a súa labor.

A verdade é que o seu traballo é impresionante! Grazas polo que facedes! 🚁🚁🚁











luns, 5 de xuño de 2023

Eco-reto maio: Reciclamos!

Rematou maio pero seguimos recibindo achegas de última hora sobre o eco-reto do mes. Nesta ocasión, Julia de 6ºA amósanos de que xeito recicla e como envía cada refugallo ao seu punto correspondente.

Ben feito! ♻♻♻♻♻



xoves, 1 de xuño de 2023

Eco-reto maio: Reciclamos

Nestes días, Adrian e Alba de 1º EP e 4º de EI, reciclaron diferentes tipos de refugallos que levaron a distintos puntos de Monforte:

- Medicamentos no punto Sigre da farmacia.
- Baterías.
- Envases lixeiros no colector amarelo.
- Cartón e papel no colector azul.
- Roupa
- Tapóns solidarios en Radio Monforte.


Reciclar é importante, pero facelo ben aínda o é máis. BO TRABALLO!
♻♻♻