mércores, 24 de marzo de 2021

Día meteorolóxico mundial

 O 23 de marzo celebrouse o día meteorolóxico mundial.

O alumnado de 4º, realizou expemerimentos moi orixinais para coñecer máis acerca da chuvia, o vento e a neve. Ademáis, explican todo o proceso dunha forma clara e sinxela.

No seguinte genially, podedes ver todo o que fixeron de xeito interactivo. Disfrutádeo. 

 

 

https://view.genial.ly/60511d4c4aebc50d7313de21/interactive-content-tempo<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200px" height="675px" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/60511d4c4aebc50d7313de21" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

https://view.genial.ly/60511d4c4aebc50d7313de21/interactive-content-tempohttps://view.genial.ly/60511d4c4aebc50d7313de21/interactive-content-tempo

Día mundial da auga

 O luns 22 de marzo festexouse o día mundial da auga

Para concienciar sobre o seu uso e despilfarro, os alumnos e alumnas de todo infantil e de 3º, crearon tarxetas con forma de gotas de auga, onde escribiron mensaxes que nos alertan e aconsellan sobre o uso de este elemento fundamental para a nosa vida e o noso planeta. Ao rematar, penduraron todas as gotas dunha nube a modo de choiva. 

Aí tedes o resultado. Bo traballo!











Día da árbore

 O 21 de marzo celebrouse o día da árbore. 

Ao caer en fin de semana, agardamos ao martes e, coa axuda dos nenos e nenas de 6º, plantamos unha cerdeira  nunha das zonas verdes do cole.

De xeito simbólico, esta árbore representará o paso polo centro deste grupo de alumnos e alumnas que está a só uns meses de iniciar unha nova etapa en secundaria e despedirse de nós.

Se temos sorte, verémola medrar e comeremos cereixas na súa honra!