mércores, 24 de marzo de 2021

Día da árbore

 O 21 de marzo celebrouse o día da árbore. 

Ao caer en fin de semana, agardamos ao martes e, coa axuda dos nenos e nenas de 6º, plantamos unha cerdeira  nunha das zonas verdes do cole.

De xeito simbólico, esta árbore representará o paso polo centro deste grupo de alumnos e alumnas que está a só uns meses de iniciar unha nova etapa en secundaria e despedirse de nós.

Se temos sorte, verémola medrar e comeremos cereixas na súa honra!







Ningún comentario:

Publicar un comentario