sábado, 30 de xaneiro de 2021

Muro pola paz

 Con motivo do Día da Paz, decidimos no cole crear un muro feito de bricks de leite, zume, etc...

Primeiro envolvémolos en papel de cores e despois os nenos escribiron neles  palabras en distintos idiomas. Para rematar, unímolos entre sí. 

Unha auténtica obra de arte levada a cabo con material reutilizado







sábado, 23 de xaneiro de 2021

Seguimos reciclando!

 A reciclaxe de papel e cartón segue vento en popa. 

Primeiro acumulámolo nas aulas, despois enchemos os cubos e de aí levámolo semanalmente ao punto correspondente. 

Bo traballo!    👏👏👏