luns, 30 de outubro de 2023

Eco-reto outubro: Receitas saudables

A piques de rematar o mes chéganos a proposta de Vega Rodríguez de 4º EI: Cerrotas con xamón.

O primeiro de todo é saír na procura de cerrotas e aproveitar os momentos de sol.
Despois, córtanse todos os ingredientes en anacos pequenos e saltéanse na tixola cun pouco de aceite.
Por último toca gozar do prato! 🍄🍁😋







venres, 27 de outubro de 2023

Eco-reto outubro: Receitas saudables

Pensando xa no Samaín, Brais Rodríguez de 5º A de EI cociñou un rolo de cabaza

Unha receita de doada elaboración, con produtos de outono e moi saudable. 😋🎃🍂








xoves, 19 de outubro de 2023

Eco-reto outubro: Receitas saudables

E continuamos con outro rico postre! Velaquí a proposta de Gonzalo de 4º EI: Queixo do Cebreiro con noces e mel.

Para preparalo córtase un anaco de queixo, adórnase cunhas noces e bótaselle mel ao gusto.

Rápido e sinxelo. A papar!






luns, 16 de outubro de 2023

Eco-reto outubro: Receitas saudables

Hoxe, Sofía Pumar de 1ºB, comparte con todos nós a súa compota de mazá e pera sen azucre.

Un xeito moi doce, san e doado de comer froita! 🍐🍏



venres, 13 de outubro de 2023

Eco-reto outubro: Receitas saudables

Seguimos ampliando o noso receitario con esta Milfollas de cabaciño elaborada por Martín, de 4º EI.

Outra opción rica, saudable e sinxela! 😃😋









martes, 10 de outubro de 2023

Eco-reto outubro: Receitas saudables

E seguen chegando propostas! Ollade agora como facer estas barriñas de avea de Alejandro Ojea, de 5ºB de EI.

En primeiro lugar férvense uns dátiles para despois trituralos cunha pouca auga e crear unha pasta.
Despois, engádenselle á pasta tres culleradas de crema de améndoas e unha cullerada de cacao puro, remexemos e obtemos unha "nocilla" caseira.
A continuación, esmágase un plátano e mestúrase con copos de avea e dúas culleradas da nosa nocilla caseira.
Finalmente pásase a un molde e fornéase durante 15 minutos a 190º.

O resultado é un riquísimo snack que non leva azucre. A comer! 😋😋










Eco-reto outubro: Receitas saudables

Continuamos con máis receitas. Aquí tedes hoxe a de Adrián de 2ºA e Alba de 5ºA de EI, quenes prepararon unhas tortiñas moi sinxelas e saudables.

Para facelo batiron dous ovos, machucaron un plátano ben maduro e mesturárono.
Despois, Botaron a mestura en cantidades pequeniñas nunha prancha ben quente untada de aceite, cociñárono volta e volta e a comer! 😋😋😋












venres, 6 de outubro de 2023

Horta de outono-inverno e invernadoiro novo!

Comeza outubro e tamén unha nova etapa na horta.
Despois de preparar o terreo, o alumnado de 5ºB sementou brócoli, coliflor e grelos.

Ademáis, este ano, para protexer as plantas das xeadas do inverno, contamos cun pequeno invernadoiro que a ben seguro fará unha boa labor.












martes, 3 de outubro de 2023