mércores, 30 de novembro de 2022

Eco-reto novembro: Investigamos

Compartimos hoxe a achega de Antón de 5ºA, o cal estivo investigando un pouco sobre o gorrión. 

O gorrión está adaptado ao hábitat urbano, ata o punto de ser o paxaro máis frecuente e coñecido nas cidades.
 
É unha ave doméstica orixinaria de Europa,África e Asia.

O gorrión ten un amplo repertorio que emite de forma constante, cando está en celo ten un tipo especial de canto con sons de forma repetida.

A súa lonxitude é de 15cm e o seu peso oscila entre os 25 e os 35 gramos. 

Viven en pobos e cidades preto de parques e só en épocas de colleita abandoan os núcleos urbanos para dirixirse aos campos de cereais onde rebuscan no chan os restos de sementes.

É un paxaro omnívoro, come grans de trigo, sementes de xirasol, froitos secos, larvas e outros pequenos insectos.

Un gorrión pode durar en liberdade entre 3 e 4 anos e en catividade cos coidados axeitados pode durar 12 anos.

Para criar, un grupo de gorrións macho rodean a unha femia, mentres baixan as ás e elevan a cola para impresionala. Unha vez que ela elixe parella, aparéanse e comezan a construir o seu niño. Durante a primavera ten lugar a posta, que consta de 4 ou 5 ovos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario