mércores, 29 de novembro de 2023

Actividade micolóxica

O outro día, ao igual que xa fixera o ano pasado o alumnado de 6º, os nenos e nenas de 5º participaron nunha actividade micolóxica coa asociación 'Os Lactouros'.

Primeiro, coñeceron máis información sobre o mundo dos fungos e, despois, saíron a recoller algunhas mostras de setas, herbas e follas pola contorna de Monforte que catalogaron mediante unha interesante exposición que loce na biblioteca do centro. 🍂🍄🌿















Ningún comentario:

Publicar un comentario