O pasado 22 de marzo, con motivo do Día da Árbore e como parte do proxecto deste ano, o alumnado de 4º a 6º de EP levou a cabo unha saída ao viveiro "Os Trollos" de Bóveda.
Alí pasaron unha estupenda xornada onde aprenderon moitas cousas interesantes para coñecer e coidar a flora e fauna autóctonas, tales como elaborar sementeiros, facer hoteis para insectos, plantar árbores, etc.
Un fantástico día no que ademáis ata acompañou o bo tempo! 🌱🌳🌞
Ningún comentario:
Publicar un comentario