Durante o verán, e case a contrareloxo, o cole fixo unha ambiciosa reforma da entrada principal do patio para que o que era unha explanada de cemento tomase forma de parque. Para iso, creáronse zonas de céspede, plantáronse árbores e instaláronse casetas, pizarras e areneiros novos. Todo proxectado por unha arquitecta.
O acondicionamento atópase nunha fase inicial, xa que precisa de tempo para que tome a forma desexada.
O pasado venres decidimos inuguralo plantando aromáticas nun dos bancais coa axuda de Ramsés. O alumnado de 1º de primaria foi o elixido nesta ocasión.
Deste xeito plantamos tomillo, romeu e lavanda, ás que se engadirán outras novas variedades na próxima primavera. 🌲🌳🌱
Ningún comentario:
Publicar un comentario