xoves, 2 de decembro de 2021

Día Internacional para a redución dos desastres naturais

 O 13 de outubro conmemorouse o Día Internacional para a redución dos desastres naturais.

O alumnado de 2º celebrou esta data aprendendo cousas novas acerca dos volcáns, agora tan de moda debido á actividade do Cumbre Vieja na illa da Palma.

Para completar a tarefa, crearon o seu propio volcán con plastilina e empregaron bicarbonato de sodio, vinagre e colorante para simular a súa erupción.

O proceso é ben sinxelo e se vos gusta, podédelo facer na casa!





        










Ningún comentario:

Publicar un comentario