venres, 17 de decembro de 2021

Día Internacional contra o consumismo

 O 26 de novembro conmemórase o Día Internacional contra o consumismo

Nesta data, e en contraposición co 'Black Friday' e outros movementos que incitan a consumir de xeito desmesurado, foméntase todo o contrario: Non mercar nada.

En definitiva, o obxectivo é reducir gastos e compras de cousas que ao final só alimentan a nosa ansia de ter máis e máis.

Para concienciar sobre esta práctica, o alumnado de 5ºA creou un taboleiro de anuncios onde seguindo unhas normas, poden facer intercambios ou regalos de cousas do seu interese: Libros, xoguetes...

Se clicades no link poderedes ver en que consiste esta fantástica idea!




Ningún comentario:

Publicar un comentario