martes, 21 de decembro de 2021

Belén de artesáns

 Este ano polo Nadal decidimos crear un Belén de artesáns tradicionais feito con material reutilizado.

Para recordar estes oficios, algúns deles hoxe desaparecidos, o alumnado creou figuras variadas: Tecelás, cociñeiros/as, pescadores, ferreiros/as, zoqueiros/as, panadeiros/as, apicultores... Ademáis de, por suposto, o pesebre, os Reis Magos e moitos animaliños.

 Entre outras cousas empregamos: Botes de iogur bebible, botellas de auga, cartón, bricks de leite, papel de burbullas, etc.

Froito deste esforzo, cabe salientar que acadamos o 1º premio do Concurso de Beléns dirixido aos centros educativos do Concello de Monforte.


NORABOA!!!!!!!!!!!!  😁😁😁😁































                                                           

Ningún comentario:

Publicar un comentario