xoves, 12 de decembro de 2024

Eco-reto decembro: Reutilizamos

 O noso decorado reutilizado de Nadal segue medrando grazas a Iago Rodriguez de 5⁰ EI, quen decidiu repetir reto e enviarnos uns renos e un Papá Noel moi simpáticos e sinxelos.

Para o corpo serviuse dun rolo de papel hixiénico ao que lle foi pegando distintas pezas de goma eva, pompóns, ollos móbiles, feltro, algodón e algo de spray brillante.
Por último pegou as gomiñas con silicona para poder penduralos da árbore e listo. 🎄🎅🎄🎅


mércores, 11 de decembro de 2024

Eco-reto decembro: Reutilizamos

Brais e Roi presentan os seus adornos de Nadal a partir de botellas de plástico recicladas.

Bonito e sinxel
o! 🎄🎅🎄





martes, 10 de decembro de 2024

Eco-reto decembro: Reutilizamos

Continuamos reutilizando materiais para crear bonitas decoracións de nadal. Desta volta, Martín de 5º EI elaborou coa axuda da súa familia un adorno de reno. 

Para facelo empregaron un rolo de papel hixiénico que pintaron con rotulador. Posteriormente fixeron uns buratiños a cada lado para pasar un cordel e pegaron cornos de cartulina, ollos e un pompón para o nariz. 

                                                 🎄🎅🎄🎅🎄🎅



luns, 9 de decembro de 2024

Eco-reto decembro: Reutilizamos

Avanzamos no eco-reto do mes co belén de Iago Rodríguez de 5º EI.

Para facelo empregou materiais coma frascos de xarope, tapóns, cartón, palla ou piñas!

Desexamos que vos guste! 😀🎄




domingo, 8 de decembro de 2024

Eco-reto decembro: Reutilizamos

Estreamos o eco-reto de decembro co adorno de Nadal elaborado por Gabriel de 2ºB coa axuda da súa familia.

Para facelo aproveitaron distintos materiais que tiñan por casa: Unha piña pequena, goma eva, fieltro rosa, rotulador, silicona, pegamento de barra e un anaco de corda fina.

O proceso é o seguinte:

1º Debuxamos e recortamos as ás, poutas, bico, ollos, barriga e máscara sobre goma eva e feltro.

2° Co pegamento de barra unimos os ollos e o bico á mascara e as poutas á barriga para logo marcar dous puntos nos ollos e varios puntos na barriga.

3° Fixamos a máscara na zona superior e a barriga na zona media da piña con silicona.

4° Finalmente fixamos a corda na parte de atrás a modo de anel para colgar.






Eco-reto decembro: Reutilizamos

 


domingo, 1 de decembro de 2024

Eco-reto novembro: Investigamos

Para rematar o eco-reto de novembro, Emilio Bao de 4º EI, envíanos unha foto dunhas galiñas da súa aldea.

A galiña é a femia do galo e pon ovos no seu galiñeiro. Os ovos pódense cociñar para facer moitas cousas. 🐔