sábado, 5 de abril de 2025

Proxecto 24-25: "Me gusta mi río"

O xoves levouse a cabo a segunda das tres saídas programadas ao río Cabe onde o alumnado de 5º tivo que poñer a proba os seus coñecementos.

A pesar da ameaza de choiva, o tempo deunos unha tregoa e desfrutamos dunha agradable mañá na que os nenos e nenas se mergullaron de novo na aprendizaxe de todos os aspectos e características do río e da súa contorna.

Nesta ocasión foron eles os que tiveron que poñer en práctica o aprendido na primeira saída por medio dunha serie de probas en cada unha das catro estacións nas que se dividiu a actividade: Biodiversidade, análise físico-químico, auga e macroinvertebrados acuáticos.

Deste xeito tiveron que localizar especies empregando prismáticos, medir a temperatura ou a conductividade da auga, crear pegadas, crear filtros caseiros e moito máis. 💧


                                  















martes, 1 de abril de 2025

Eco-reto marzo: Plantamos

Aproveitando o bo tempo dos últimos días, Emilio Aira de 4º EI plantou un padrairo.

Trátase dunha árbore ornamental que pode acadar ata os 35 metros de altura! 🌳


mércores, 26 de marzo de 2025

Proxecto 24-25: "Me gusta mi río"

 O pasado mes de febreiro, os nenos e nenas de 5º levaron a cabo no centro o primeiro dos tres talleres do noso proxecto.

Para progresar no seu coñecemento sobre esta temática, o equipo científico que dirixe toda a actividade propúxolle ao alumnado participar nunha pequena investigación na que recompilasen datos sobre a cantidade de auga que se gasta no cole e sobre a cantidade de auga que se podería recoller do tellado cando chove. Para iso, realizaron medicións, adoptaron medidas para reducir o gasto, etc.







sábado, 4 de xaneiro de 2025

Eco-reto decembro: Reutilizamos

Rematamos o eco-reto de decembro con estes adornos feitos por Emilio Aira Bao de 4º de EI, empregando o cartón do papel hixiénico.

Primeiro cortounos en tiras, logo deulles forma coas tesoiras e despois pegounos con silicona coa axuda da súa familia. Finalmente colocoulles un cordón por detrás e pintounos de branco e dourado.

Así quedan na árbore! 🎄🎅🎄


xoves, 12 de decembro de 2024

Eco-reto decembro: Reutilizamos

 O noso decorado reutilizado de Nadal segue medrando grazas a Iago Rodriguez de 5⁰ EI, quen decidiu repetir reto e enviarnos uns renos e un Papá Noel moi simpáticos e sinxelos.

Para o corpo serviuse dun rolo de papel hixiénico ao que lle foi pegando distintas pezas de goma eva, pompóns, ollos móbiles, feltro, algodón e algo de spray brillante.
Por último pegou as gomiñas con silicona para poder penduralos da árbore e listo. 🎄🎅🎄🎅


mércores, 11 de decembro de 2024

Eco-reto decembro: Reutilizamos

Brais e Roi presentan os seus adornos de Nadal a partir de botellas de plástico recicladas.

Bonito e sinxel
o! 🎄🎅🎄