luns, 22 de decembro de 2025

Adornos de Nadal con material reutilizado

Coa axuda dos mestres de plástica, o alumnado de primaria elaborou adornos de Nadal feitos con material reutilizado.

Bolas, folerpas de papel e cartón ou gorriños de lá foron algunhas das creacións que decoraron aulas e pasillos.

BO NADAL! 🎄🎅








luns, 23 de xuño de 2025

Horta primavera-verán

Para continuar coa tradición hortícola de cada ano enchemos de plantas os bancais do cole.

Desta labor encargouse o alumnado de 6º coa axuda dalgún neno/a doutro curso, que deste xeito plantou tomates, pementos, berenxenas e flores.

Agora toca coidalo todo para obter unha boa colleita en setembro! 🍅🍆🌿🌸







domingo, 25 de maio de 2025

Proxecto 24-25: "Me gusta mi río"

Para completar a 3ª e última das saídas do proxecto, a primeiros de maio visitamos a E.T.A.P. de Monforte (Estación de Tratamento de Augas Potables).

Alí, moi atentos/as ás explicacións dos encargados da planta, poidemos ver cal é todo o proceso que sofre a auga desde que chega ás instalacións ata que se consome completamente limpa nos fogares.

O gasto mensual de electricidade para poder bombear auga a tódalas poboacións do Concello elévase ata os 40000€ de media mensuais. Datos coma este serviron para concienciar ao alumnado da importancia de aforrar auga e do complexo proceso que sofre para poder consumila sen risco para a saúde.

Tras rematar a visita a E.D.A.P. un bus recolleunos para completar a xornada en Ribasaltas. Alí dividímonos en grupos para facer dous xogos finais tras unha boa merenda.

Durante este tempo de lecer, aproveitamos para colocar un hotel de insectos coa placa do cole a carón do río, para deixar así constancia da nosa pegada positiva na contorna.

Un hotel de insectos é unha estrutura con ocos feita de distintos materiais, que serve para dar cubillo a aqueles animaliños que procuran un descanso e algo de sombra e humidade no verán.





Eco-reto maio: Reciclamos

Reciclamos vidro da man de Gabriel Estévez de 2ºB



luns, 5 de maio de 2025

luns, 21 de abril de 2025

Eco-reto marzo-abril: Plantamos

Para seguir co eco-reto do mes de abril, Alejo e Lara Aira de 4º e 6º de EI sementaron tomates cherry.

A pesar do mal clima, xa se van enchendo as hortas de plantas! 🌱🍅




xoves, 10 de abril de 2025

Eco-reto marzo: Plantamos

Compartimos hoxe os xirasois sementados por Iago Rodríguez Rajo, de 5⁰ EI

En setembro conta recoller moitas pipas para o aperitivo!! 🌱🌻



             


martes, 8 de abril de 2025

sábado, 5 de abril de 2025

Proxecto 24-25: "Me gusta mi río"

O xoves levouse a cabo a segunda das tres saídas programadas ao río Cabe onde o alumnado de 5º tivo que poñer a proba os seus coñecementos.

A pesar da ameaza de choiva, o tempo deunos unha tregoa e desfrutamos dunha agradable mañá na que os nenos e nenas se mergullaron de novo na aprendizaxe de todos os aspectos e características do río e da súa contorna.

Nesta ocasión foron eles os que tiveron que poñer en práctica o aprendido na primeira saída por medio dunha serie de probas en cada unha das catro estacións nas que se dividiu a actividade: Biodiversidade, análise físico-químico, auga e macroinvertebrados acuáticos.

Deste xeito tiveron que localizar especies empregando prismáticos, medir a temperatura ou a conductividade da auga, crear pegadas, crear filtros caseiros e moito máis. 💧