O xoves levouse a cabo a segunda das tres saídas programadas ao río Cabe onde o alumnado de 5º tivo que poñer a proba os seus coñecementos.
A pesar da ameaza de choiva, o tempo deunos unha tregoa e desfrutamos dunha agradable mañá na que os nenos e nenas se mergullaron de novo na aprendizaxe de todos os aspectos e características do río e da súa contorna.
Nesta ocasión foron eles os que tiveron que poñer en práctica o aprendido na primeira saída por medio dunha serie de probas en cada unha das catro estacións nas que se dividiu a actividade: Biodiversidade, análise físico-químico, auga e macroinvertebrados acuáticos.
Deste xeito tiveron que localizar especies empregando prismáticos, medir a temperatura ou a conductividade da auga, crear pegadas, crear filtros caseiros e moito máis. 💧
Ningún comentario:
Publicar un comentario