martes, 21 de setembro de 2021

Horta de verán e colleita

 Ao longo do verán, os nosos cultivos foron medrando ata cubrir toda a horta: Cabaciñas, cabazas, tomates, pementos, xirasois, millo...

Co novo curso, os nenos e nenas puideron ver e colleitar algúns dos froitos xa maduros e grandes, mentres agardan por outros aos que aínda lles falta un pouquiño.

Bo traballo!



























luns, 21 de xuño de 2021

Sementamos e plantamos leitugas

 O alumnado de 3ºA sementou e plantou leitugas.

Despois de preparar e abonar a terra, fóronas plantando para seguir completando así o noso espazo de cultivo.