venres, 6 de outubro de 2023

Horta de outono-inverno e invernadoiro novo!

Comeza outubro e tamén unha nova etapa na horta.
Despois de preparar o terreo, o alumnado de 5ºB sementou brócoli, coliflor e grelos.

Ademáis, este ano, para protexer as plantas das xeadas do inverno, contamos cun pequeno invernadoiro que a ben seguro fará unha boa labor.












martes, 3 de outubro de 2023

Eco-reto outubro: Receitas saudables

Compartimos hoxe os espárragos recheos de Sara, de 6ºB.

Un prato sinxelo, rico e cheo de cor! 😋😊







luns, 2 de outubro de 2023

Eco-reto outubro: Receitas saudables

Estreamos eco-reto con esta interesante achega de Gabriel Estévez, de 1º B.

Unha receita elaborada á vez que sinxela cunha pinta irresistible. 😋😋😋







luns, 18 de setembro de 2023

Colleita da horta de verán!

Voltamos ás clases e que mellor maneira de facelo que recollendo os froitos do sementado alá polo mes de maio.

Con axuda dunhas tesoiras, o alumnado de 5º EI A colleitou tomates, cabaciñas, berenxenas e algún que outro pemento. Todo o recollido foi levado ao comedor para ser aproveitado polo persoal de cociña.

🍅🍆😋😋