martes, 7 de novembro de 2023

Eco-reto novembro: Investigamos

Avanza o mes e non paramos de aprender cousas novas. Hoxe, Alejandra e Vega de 5ºEI A, comparten con nós os marmelos que colleitaron do marmeleiro que hai na horta da súa avoa Rosa.

Agora tócalles elaborar un rico doce caseiro! 😋







luns, 6 de novembro de 2023

Eco-reto novembro: Investigamos

Seguimos investigando a contorna cos descubrimentos de Sofía Pumar de 1ºB.

Ás veces chega con botar unha ollada ao que temos preto para atopar un montón de cousas interesantes! 🌲🐔🍄

                     

Eco-reto novembro: Investigamos

Comezamos o eco-reto de novembro con Liam Páez de 5º EI B

Aquí o vemos coñecendo a procedencia dalgúns froitos como o kiwi ou a mazá.




xoves, 2 de novembro de 2023

Proxecto 23-24: Natuforte

Como cada ano, ademáis de levar a cabo outas moitas actividades, trataremos durante o curso escolar de poñer o foco nun Proxecto Medioambiental.

Nesta ocasión faremos fincapé na importancia de coñecer e protexer a flora e fauna autóctonas, cunha serie de accións que involucren dentro do posible a toda a nosa comunidade educativa: Alumnado, profesorado, familias, institucións, etc.

Algunhas das propostas son as seguintes:

- Crear un plantario e un animalario coa axuda das familias.

- Aproveitar o eco-reto de novembro para investigar e coñecer a contorna.

- Repoboar con árbores autóctonas algunha área forestal de Monforte.

- Facer saídas e charlas para coñecer a diversidade de especies da nosa zona.

- Introducir algunha variedade de cultivo local na nosa horta.

- Etc.

De todas estas actividades, as cales poden cambiar, iremos informando a medida que avance o curso.



Eco-reto novembro: Investigamos



 

luns, 30 de outubro de 2023

Eco-reto outubro: Receitas saudables

A piques de rematar o mes chéganos a proposta de Vega Rodríguez de 4º EI: Cerrotas con xamón.

O primeiro de todo é saír na procura de cerrotas e aproveitar os momentos de sol.
Despois, córtanse todos os ingredientes en anacos pequenos e saltéanse na tixola cun pouco de aceite.
Por último toca gozar do prato! 🍄🍁😋







venres, 27 de outubro de 2023

Eco-reto outubro: Receitas saudables

Pensando xa no Samaín, Brais Rodríguez de 5º A de EI cociñou un rolo de cabaza

Unha receita de doada elaboración, con produtos de outono e moi saudable. 😋🎃🍂