luns, 21 de xuño de 2021

Vermes de seda!

 Desde o mes de Abril coidamos de vermes de seda no cole.

Pouco a pouco fomos observando a súa evolución: Ao principio eran pequenas larviñas que foron medrando e medrando grazas ás follas de moreira das que se alimentaban. Unha vez acadaron o tamaño necesario, fixeron un casulo de seda para comenzar a súa metamorfose e transformarse en bolboretas. Ao rematar este proceso de cambio, reproducíronse e puxeron ovos completando así o seu ciclo vital.


     

                                                                                 



    
















Ningún comentario:

Publicar un comentario