Continuamos dándolle forma á horta de outono.
Desta volta, algúns nenos e nenas de 2ºA plantaron coliflores.
Continuamos dándolle forma á horta de outono.
Desta volta, algúns nenos e nenas de 2ºA plantaron coliflores.
Co outono á volta da esquina, chegou a hora de arrincar algúns dos cultivos de verán para dar paso a outros novos.
Primeiro, o alumnado de 4ºA preparou a terra: Arrincaron herbas, labraron, abonaron, etc.
Por outra banda, algúns dos rapaces e rapazas de 2ºA puxeron repolos para dar así comezo á nova tempada na horta.
Ao longo do verán, os nosos cultivos foron medrando ata cubrir toda a horta: Cabaciñas, cabazas, tomates, pementos, xirasois, millo...
Co novo curso, os nenos e nenas puideron ver e colleitar algúns dos froitos xa maduros e grandes, mentres agardan por outros aos que aínda lles falta un pouquiño.
Bo traballo!