xoves, 12 de decembro de 2024

Eco-reto decembro: Reutilizamos

 O noso decorado reutilizado de Nadal segue medrando grazas a Iago Rodriguez de 5⁰ EI, quen decidiu repetir reto e enviarnos uns renos e un Papá Noel moi simpáticos e sinxelos.

Para o corpo serviuse dun rolo de papel hixiénico ao que lle foi pegando distintas pezas de goma eva, pompóns, ollos móbiles, feltro, algodón e algo de spray brillante.
Por último pegou as gomiñas con silicona para poder penduralos da árbore e listo. 🎄🎅🎄🎅


mércores, 11 de decembro de 2024

Eco-reto decembro: Reutilizamos

Brais e Roi presentan os seus adornos de Nadal a partir de botellas de plástico recicladas.

Bonito e sinxel
o! 🎄🎅🎄





martes, 10 de decembro de 2024

Eco-reto decembro: Reutilizamos

Continuamos reutilizando materiais para crear bonitas decoracións de nadal. Desta volta, Martín de 5º EI elaborou coa axuda da súa familia un adorno de reno. 

Para facelo empregaron un rolo de papel hixiénico que pintaron con rotulador. Posteriormente fixeron uns buratiños a cada lado para pasar un cordel e pegaron cornos de cartulina, ollos e un pompón para o nariz. 

                                                 🎄🎅🎄🎅🎄🎅



luns, 9 de decembro de 2024

Eco-reto decembro: Reutilizamos

Avanzamos no eco-reto do mes co belén de Iago Rodríguez de 5º EI.

Para facelo empregou materiais coma frascos de xarope, tapóns, cartón, palla ou piñas!

Desexamos que vos guste! 😀🎄




domingo, 8 de decembro de 2024

Eco-reto decembro: Reutilizamos

Estreamos o eco-reto de decembro co adorno de Nadal elaborado por Gabriel de 2ºB coa axuda da súa familia.

Para facelo aproveitaron distintos materiais que tiñan por casa: Unha piña pequena, goma eva, fieltro rosa, rotulador, silicona, pegamento de barra e un anaco de corda fina.

O proceso é o seguinte:

1º Debuxamos e recortamos as ás, poutas, bico, ollos, barriga e máscara sobre goma eva e feltro.

2° Co pegamento de barra unimos os ollos e o bico á mascara e as poutas á barriga para logo marcar dous puntos nos ollos e varios puntos na barriga.

3° Fixamos a máscara na zona superior e a barriga na zona media da piña con silicona.

4° Finalmente fixamos a corda na parte de atrás a modo de anel para colgar.






Eco-reto decembro: Reutilizamos

 


domingo, 1 de decembro de 2024

Eco-reto novembro: Investigamos

Para rematar o eco-reto de novembro, Emilio Bao de 4º EI, envíanos unha foto dunhas galiñas da súa aldea.

A galiña é a femia do galo e pon ovos no seu galiñeiro. Os ovos pódense cociñar para facer moitas cousas. 🐔



mércores, 27 de novembro de 2024

Eco-reto novembro: Investigamos

Xa preto de rematar o mes, Jordan de 3ºB amósanos as vaquiñas que atopou paseando pola contorna!

martes, 19 de novembro de 2024

Eco-reto novembro: Investigamos

Avanzamos no reto de novembro con Enzo Vega de 2ºB, quen comparte con nós esta colorida píntega que atopou!


venres, 15 de novembro de 2024

Proxecto 24-25: "Me gusta mi río"

O pasado venres levamos a cabo a primeira das tres saídas que os nenos e nenas de 5º farán ao río Cabe ao longo do curso.

Nesta primeira xuntanza o alumnado desprazouse ata a área recreativa de Ribasaltas, situada a carón do Cabe e a uns 5 km do noso cole.

Alí agardaba un equipo científico que dividiu a actividade en catro estacións de investigación: Ciclo da auga, análise físico-químico, macroinvertebrados e biodiversidade. En cada unha delas investigaron, aprenderon e experimentaron sobre fauna, flora, calidade da auga, tipos de insectos, especies de árbores e moitas máis cousas.

Unha xornada moi produtiva onde ademáis gozaron dunha reconfortable merenda!




















xoves, 7 de novembro de 2024

Proxecto 24-25: Ciencia ao coidado do medio ambiente - "Me gusta mi río"

Para este curso 24-25, o noso proxecto central terá como temática o "coñecemento e o uso da ciencia e do método científico para protexer o medio ambiente".

Neste senso, e grazas á inmersión no proxecto "Me gusta mi río", impulsado polo Ministerio e promovido pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, trataremos de investigar, coñecer e valorar o río Cabe para poder coidalo mellor.

A pesar de que o alumnado de 5º foi o elixido para levalo a cabo, procuraremos na medida do posible involucrar a todo o cole debido á importancia que ten saber coidar da nosa contorna.

Ao longo do curso levaranse a cabo 3 saídas, varios obradoiros e un proxecto final. Todo o proceso será guiado e coordinado por un comité científico que se encargará de aportar os coñecementos e as ferramentas necesarios aos nenos e nenas.


Eco-reto novembro: Investigamos

Estreamos o eco-reto de novembro coa achega de Gabriel Estévez de 2ºB.

Gabriel, coa axuda da súa familia, atopou unha pequena eiruga e decidiu investigar un pouco sobre ela, pero deuse conta de que se podería tratar de dúas posibles especies.

Polilla Gamma ou Polilla Dourada de invernadoiro:

- Trátase dunha especie común no norte de España e adoita atoparse en xardíns e hortas.

- A primeira é coñecida por un Y debuxado nas súas ás e a segunda pode convertirse nunha praga para a colleita.

As súas fases son: Ovo - larva - pupa e adulto.



domingo, 27 de outubro de 2024

Eco-reto outubro: Receitas saudables

A piques de rematar o mes, chéganos a receita que Lía de 5º EI elaborou coa axuda da súa familia. 

Uns ricos e saudables pasteis de cabaza moi apropiados para este tempo. 😋










xoves, 24 de outubro de 2024

Eco-reto outubro: Receitas saudables

Continuamos aumentando o noso receitario coas galletas de avea e mazá que fixeron Alejandra e Vega de 6⁰ de EI.

Ingredientes

1 taza de avea
1 mazá grande ou 3 pequenas raiadas
1/4 taza de noces picadas
2 culleradas de mel
1 ovo
1 pizca de sal
Opcional; unha pizca de canela e un chorriño de esencia de vainilla.

Elaboración

Mesturar todos os ingredientes ata que forme unha pasta consistente, prequentar o forno a 180 graos e fornear durante 15 ou 20 min. nunha bandexa previamente forrada con papel de forno.

Deixar enfriar... e a papar! 😋🍎🍏






luns, 14 de outubro de 2024

Eco-reto outubro: Receitas saudables

Compartimos desta volta a receita saudable aínda que un pouco golosa de Vega Rodríguez de 5º EI.
Unha palmeira de chocolate moito máis rica e sá que as que se mercan.


Para facela empregou un ovo, un pouco de leite, un chorriño de aceite, fariña de améndoas, fariña de castañas e unha cullerada de mel do Caurel para endulzar. Ao rematar cubriuna con chocolate.

A súa cara xa o di todo! 😋