venres, 15 de novembro de 2024

Proxecto 24-25: "Me gusta mi río"

O pasado venres levamos a cabo a primeira das tres saídas que os nenos e nenas de 5º farán ao río Cabe ao longo do curso.

Nesta primeira xuntanza o alumnado desprazouse ata a área recreativa de Ribasaltas, situada a carón do Cabe e a uns 5 km do noso cole.

Alí agardaba un equipo científico que dividiu a actividade en catro estacións de investigación: Ciclo da auga, análise físico-químico, macroinvertebrados e biodiversidade. En cada unha delas investigaron, aprenderon e experimentaron sobre fauna, flora, calidade da auga, tipos de insectos, especies de árbores e moitas máis cousas.

Unha xornada moi produtiva onde ademáis gozaron dunha reconfortable merenda!




















Ningún comentario:

Publicar un comentario